Capacidades

  • Patente | Procedemento para a extracción do ácido hialurónico do humor vítreo do peixe

    Autoría: Miguel Anxo Murado; María Montemayor Castroviejo; Marta López Cabo; María del Pilar González Fernández; Laura Pastoriza Enríquez

    Técnica para a preparación de ácido hialurónico (AH) a partir do humor vítreo do peixe para o seu uso en cosmética e en clínica. O proceso comprende a electrodeposición de proteínas e a súa diafiltración simultánea con recirculación total. Este procedemento permite a recuperación selectiva dos sedimentos impuros, a precipitación do AH e a solubilización de proteínas, xerando un AH cunha pureza superior ao 99,5 %. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a identificación de albacora ou bonito do Norte (Thunnus alalunga) en produtos de atún en conserva

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Thunnus alalunga en produtos de atún en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso secuencial de dúas endonucleases. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Thunnus alalunga en produtos enlatados. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

     

  • Patente | Procedemento para a identificación do zurdo liso (Auxis thazard) en conservas de zurdo liso

    Autoría: Carmen González Sotelo; Isabel Medina; Ricardo Pérez Martín; Javier Quinteiro Vázquez; Manuel Rey Méndez

    Técnica para a identificación de Auxis thazard en produtos de peixe en conserva, que comprende a amplificación dun fragmento de 187 pb (BDR) do xene do citocromo b do ADN mitocondrial mediante o uso dunha endonuclease de restrición. Isto permite diferencialo doutras especies utilizadas como sucedáneos de Auxis thazard. Podes ver información máis detallada premendo aquí.

     

  • Capacidades | Novas tecnoloxías para a detección rápida de patóxenos en produtos da pesca e da acuicultura

    Desenvolvemento de técnicas de espectroscopia de masas para a identificación e cuantificación rápida de parasitos en produtos do mar, así como de técnicas de proteómica para identificar microorganismos patóxenos, parasitos de peixes e proteínas alerxénicas.

     

  • Capacidades | Avaliación de ameazas e puntos de control críticos nas cadeas de valor dos produtos do mar

    Avaliación e desenvolvemento de protocolos para identificar os puntos e produtos máis problemáticos canto á contaminación microbiolóxica e infestación parasitaria ao longo da cadea de valor dos produtos do mar.

     

Proxectos activos